Benvido

Este catálogo virtual ten como finalidade principal favorecer o coñecemento e a difusión do patrimonio arqueolóxico da cidade de Lugo a través da utilización das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

A través desta aplicación interactiva móstrase ao público en xeral os principais materiais arqueolóxicos do Lugo romano (a antiga Lucus Augusti), utilizando para iso unha linguaxe visual e multimedia que permite ao usuario navegar dunha forma doada, intuitiva e participativa polas diferentes seccións do catálogo, combinando a información textual cos modelos 3D das pezas arqueolóxicas dixitalizadas.